{"product_id":"chibos-chibons-bata","title":"Chibos Chibóns (BATA)","description":"Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistema SPC\n\tde pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega.\n\tA colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboración\n\tcoa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a\n\tlectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión\n\tde todas e todos. Son un conxunto de libros “de fácil lectura” que procuran\n\tunha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de\n\tpictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado en\n\tdebuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por Roxanna\n\tMayer-Johnson.\n\t“Chibos Chibóns”, o coñecido clásico europeo adaptado por Olalla González,\n\tincorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versión traducida\n\tpor Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións de\n\tFederico Fernández procuran achegarnos a súa versión do conto buscando\n\ta máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003ch3\u003eFicha Técnica:\u003c\/h3\u003e\u003cb\u003eISBN\/EAN:\u003c\/b\u003e 9788413433073.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAutor:\u003c\/b\u003e González. Olalla,.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFormato:\u003c\/b\u003e Tapa dura.\u003cbr\u003e\u003cb\u003ePáginas:\u003c\/b\u003e 40.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAlto:\u003c\/b\u003e 220.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAncho:\u003c\/b\u003e 220.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFecha de Publicación:\u003c\/b\u003e Marzo 2024.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eIdioma:\u003c\/b\u003e Gallego.\u003cbr\u003e","brand":"KALANDRAKA EDICIONES S.L","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":44826350813401,"sku":"9788413433073","price":15911.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0555\/4890\/3573\/products\/comixstore_9788413433073.jpg?v=1710570119","url":"https:\/\/comixstore.net\/products\/chibos-chibons-bata","provider":"Comixstore.net","version":"1.0","type":"link"}