{"product_id":"o-pequeno-leon","title":"O pequeno león","description":"Un relato entrañable e comprometido narrado coa mestría  de Jacques Prévert e a mirada única da gran fotógrafa Ylla.\n\tNa Casa de Feras o cachorro de león soña coa selva, da que a súa nai tanto lle falou. Tras lograr a súa liberdade, comeza unha trepidante aventura para explorar o mundo na que descubrirá que a vida cos humanos non é o que el buscaba. De volta na casa, contaralle ao seu irmán máis novo as súas vivencias con certas doses de imaxinación porque “a vida das plantas, das persoas e dos animais está feita de realidade, pero tamén de marabillosos segredos, de imaxinación e de verdades inventadas.”\n\tAsí termina “O pequeno león”, un clásico publicado en 1947 froito da colaboración da fotógrafa Ylla e o poeta Jacques Prévert. Un canto á liberdade, ao amor e á natureza; un relato audaz e comprometido que superou o paso do tempo e que formula interesantes reflexións sobre o comportamento humano e animal. Kalandraka recupera por vez primeira no noso país o texto íntegro censurado no momento da súa publicación, nunha edición que permite valorar o traballo excepcional de Ylla, unha das grandes figuras da fotografía de entreguerras xunto co gran poeta francés Jacques Prévert.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003ch3\u003eFicha Técnica:\u003c\/h3\u003e\u003cb\u003eISBN\/EAN:\u003c\/b\u003e 9788413433783.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAutor:\u003c\/b\u003e Jacques Prévert,.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFormato:\u003c\/b\u003e Tapa dura.\u003cbr\u003e\u003cb\u003ePáginas:\u003c\/b\u003e 40.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAlto:\u003c\/b\u003e 280.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAncho:\u003c\/b\u003e 220.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFecha de Publicación:\u003c\/b\u003e Noviembre 2025.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eIdioma:\u003c\/b\u003e Gallego.\u003cbr\u003e","brand":"KALANDRAKA EDICIONES S.L","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47601318625497,"sku":"9788413433783","price":23168.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0555\/4890\/3573\/files\/comixstore_9788413433783.jpg?v=1765786334","url":"https:\/\/comixstore.net\/products\/o-pequeno-leon","provider":"Comixstore.net","version":"1.0","type":"link"}