{"product_id":"patas-arriba-2","title":"Patas arriba","description":"Un divertido libro-xogo no que a participación de lectoras e lectores é imprescindible para axudar aos animais da sabana.\n\tÉ un día tranquilo na sabana. Todo o mundo está no seu lugar agás o elefante, que se achega trotando mentres o chan retumba cos seus pasos. Mais axiña repara no desastre: todo está PATAS ARRIBA. Agora é omomento dos pequenos lectores e lectoras, os verdadeiros protagonistas deste álbum, aos que lles tocará sacudir unha vez e outra o libro ata que todo volva ao seu sitio. Se o sacoden forte de máis, a paisaxe porase patas arriba. Se non o sacoden o suficiente, algunhas cousas seguirán desorganizadas. Sacudir arriba e abaixo, á dereita e á esquerda. Pero… Quen se agocha detrás do arbusto? Un cazador? Sigamos sacudindo ata facelo desaparecer!\n\tUnha paleta de cores vivas, figuras de contornos definidos sobre fondos planos e personaxes con expresións divertidas caracterizan plasticamente esta obra de Anne Derenne que nos lembra a algunhas producións de animación. Un orixinal libro-xogo cheo de humor que convida a lectoras e lectores a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun final non desexado. Feliz aventura!\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003ch3\u003eFicha Técnica:\u003c\/h3\u003e\u003cb\u003eISBN\/EAN:\u003c\/b\u003e 9788413434421.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAutor:\u003c\/b\u003e Anne Derenne,.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFormato:\u003c\/b\u003e Tapa dura.\u003cbr\u003e\u003cb\u003ePáginas:\u003c\/b\u003e 28.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAlto:\u003c\/b\u003e 245.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAncho:\u003c\/b\u003e 200.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFecha de Publicación:\u003c\/b\u003e Abril 2026.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eIdioma:\u003c\/b\u003e Gallego.\u003cbr\u003e","brand":"KALANDRAKA EDICIONES S.L","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48321163395289,"sku":"9788413434421","price":17975.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0555\/4890\/3573\/files\/comixstore_9788413434421.jpg?v=1773631586","url":"https:\/\/comixstore.net\/products\/patas-arriba-2","provider":"Comixstore.net","version":"1.0","type":"link"}