{"product_id":"unha-ultima-carta","title":"Unha última carta","description":"'Unha última carta' transpórtanos a unha pequena e fermosa\n\tilla mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar\n\tcun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible\n\tpara todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica\n\tque xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta\n\tunha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio\n\tde repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas...\n\tAs ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes... Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos\n\tde planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior\n\tdo bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático,\n\tcunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres,\n\te coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003ch3\u003eFicha Técnica:\u003c\/h3\u003e\u003cb\u003eISBN\/EAN:\u003c\/b\u003e 9788484642718.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAutor:\u003c\/b\u003e Papatheodoulou. Antonis,.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFormato:\u003c\/b\u003e Tapa dura.\u003cbr\u003e\u003cb\u003ePáginas:\u003c\/b\u003e 48.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAlto:\u003c\/b\u003e 150.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eAncho:\u003c\/b\u003e 200.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eFecha de Publicación:\u003c\/b\u003e Noviembre 2016.\u003cbr\u003e\u003cb\u003eIdioma:\u003c\/b\u003e Gallego.\u003cbr\u003e","brand":"KALANDRAKA EDICIONES S.L","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":43885242777817,"sku":"9788484642718","price":19572.0,"currency_code":"CLP","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0555\/4890\/3573\/products\/comixstore_9788484642718.jpg?v=1682538077","url":"https:\/\/comixstore.net\/products\/unha-ultima-carta","provider":"Comixstore.net","version":"1.0","type":"link"}